Darío Xohán Cabana achegou a figura de Uxío Novoneyra aos estudantes ribeirenses

La Voz RIBEIRA/LA VOZ.

BARBANZA

12 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O escritor Darío Xohán Cabana estivo onte en Ribeira. Sen embargo, non o fixo para falar da súa obra, senón para achegar aos estudantes de Ribeira a unha das grandes plumas da literatura galega, o home do Courel ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, é dicir, a Uxío Novoneyra.

Para escoitar a Cabana, ata o auditorio de Ribeira acudiron alumnos de secundaria dos centros de Aguiño, Palmeira, Castiñeiras e Oleiros, así coma os de O Grupo e o Galaxia, ambos en Santa Uxía.

Esta actividade adscríbese dentro do programa chamado Maio Cultural, que organizaron as concellerías de Educación e Cultura de Ribeira. No marco desta mesma iniciativa, hoxe o auditorio dará cabida a unha nova conferencia. Trátase dunha charla na que Antón Lopo falará da biografía novelada que fixo sobre Uxío Novoneyra.