Tres mil escolares de Barbanza participarán o luns en Rianxo noutra edición do Correlingua

La Voz RIBEIRA/LA VOZ.

BARBANZA

08 may 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Trátase dunha carreira pola lingua que se organiza a nivel galego durante as xornadas previas ao 17 de maio, Día das Letras Galegas. A comarca do Barbanza terá a súa quenda o próximo luns, día no que tamén se realiza en Vilagarcía e no que a previsión é reunir a tres mil nenos.

O obxectivo é defender o galego a través dunha carreira simbólica en favor da lingua «para que toda a sociedade tome conciencia» tal e como afirman dende a organización. Ribeira e A Pobra -neste orde- foron as primeiras poboacións da comarca que organizaron esta actividade.

No caso de Barbanza o Correlingua segmentará o percorrido atendendo a idade e curso dos participantes. Tanto a praza de Castealo como a de Rafael Dieste serán lugares claves no transcorrer da xornada, acollendo algúns dos actos máis destacados do programa.

A organización prevé que os alumnos participantes cheguen as 10.00 horas. No caso de Barbanza, os promotores solicitaron unha subvención para contratar a actuación dos artistas Pinto e Caruncho, co obxectivo de que fagan dúas sesións para amenizar os tempos de espera.