Un autobús sairá da vila noiesa para ir ao concerto de Queremos Galego en Pontevedra


Un autobús partirá de Noia cara o concerto de Queremos Galego, que se celebra o sábado en Pontevedra. O autocar sairá ás seis menos cuarto da tarde do aparcamento do instituto Virxe do Mar. Por outra banda, quen se encarga da venda de entradas na zona de Barbanza precisou onte que, aínda que polo de agora non está previsto que saía un transporte cara a cidade do Lérez, se as persoas interesadas en acudir á cita así o solicitan poñerase o bus.

Tanto dende as comarcas de Muros e Noia como dende a do Barbanza insistiron onte en que seguen á venda, por un prezo de dez euros as entradas. Hai que lembrar que o sábado, a partir das sete e media da tarde, van tocar Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os Tres Trebóns, Uxía Senlle, Roi Casal e Tino Baz.

Para mercar as entradas en Barbanza pódese chamar aos números 638 070 867 (Ribeira); 699 116 776 (A Pobra); 676 492 485 (Boiro) e 650 979 182 (Rianxo). En Muros e Noia é preciso chamar ao número 667 461 928.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos

Un autobús sairá da vila noiesa para ir ao concerto de Queremos Galego en Pontevedra