Queremos Galego anima aos veciños da comarca a asistir ao festival contra o decreto plurilingüe

La Voz

BARBANZA

13 abr 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A plataforma cidadá Queremos Galego anima aos barbanzanos a asistir a un festival musical que se celebrará en Pontevedra para protestar contra o decreto do plurilingüismo da Xunta. O concerto terá lugar no recinto feiral o día 17 ás 19.30 horas. As entradas poden mercarse en Ribeira (Xosé Cobas, 638 070 867), A Pobra (Manel Casal 699 116 776), Boiro (Daniel Ermo, 676 492 485) e Rianxo (Adolfo Muíños, 650 979 182). O prezo de venda anticipada é de 10 euros, e no despacho de billetes, de 12.

No festival actuarán Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os Tres Trebóns, Uxía Senlle, Roi Casal e Tino Baz. Desde a plataforma explican que o obxectivo é «dotar dun contido lúdico á ampla mobilización social polo noso idioma e mostrar a cultura galega tal e como é: rica, plural e activa».