«Non se pode falar de Valle-Inclán sen A Pobra, nin de A Pobra sen Valle-Inclán»

La Voz

BARBANZA

24 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O alcalde de A Pobra presume de municipio por onde vai, porque ao emprazamento privilexiado que ten o termo súmanse atractivos culturais e históricos dos que, nos últimos tempos, Isaac Maceiras Rivas quere facer bandeira.

-¿Cales son as paisaxes nas que vostede se recrea na vila?

-Hai moitas e moi boas. As piscinas naturais, o miradoiro da Curota e, desde alí, divisar a inmensidade do océano e as rías de Arousa, Muros-Noia e Vigo, o que nos demostra que estamos nun lugar privilexiado -Por favor, indíqueme a súa opinión sobre Ramón María del Valle-Inclán. -Non se pode falar de A Pobra sen Valle ni de Valle sen A Pobra. A Torre Bermúdez, casa natal dos pais de Valle, é o primeiro museo que se lle dedica ao escritor en todo o territorio español. Quixera agradecer a Joaquín del Valle todo o que está facendo e fixo a familia apoiando desde o principio a súa constitución. Permítame unha cifra: no mes de agosto pasado houbo 3.254 visitas a este museo. -Victoriano García-Martí. -É un fillo ilustre deste concello. Predilecto. Gran escritor. Presidente do Ateneo en Madrid nunha época moi difícil. Levou sempre nas súas entrañas A Pobra. Temos unha biblioteca con máis de 20.000 volumes que leva o seu nome. É moi visitada e concorrida por veciños e forasteiros que nos visitan -Familia Díaz de Rábago. -Un referente na vila. Foron os fundadores da primeira industria conserveira na provincia de A Coruña, denominada C1. Logo pasou por varios empresarios ata convertese en La Onza de Oro. Esta familia segue sendo un referente e desde aquí quero agradecerlle todo o que fixo pola Pobra, tarefa na que se destacou a recentemente finada Carmela Arias e Díaz de Rábago. Pola outra banda, A Pobra sempre foi berce de sagas emprendedoras, berce de industrias. Houbo un interese por parte dos seus veciños para asumir riscos e crearen empresas. Aquí asentáronse familias como os Padín, os Otero, os Escurís, os Nieto Otero, os Galisoga? e moitos apelidos máis que deron nome a importantes industrias.