A lingua como arte facto


«Ola tontos» (grafito no dolmen de Axeitos) ...e animais, e amorfos, e babecos, e ben fodidos, e bichicomas, e bocas de peixe, e cabróns, e cachimáns, e camándulas, e cans de palleiro, e castróns, e chaíñas, e cheiroargheiro, e cheirobosta, e chinghláns, e choscos, e cochos, e conachas, e demos, e droghados, e espurios, e fillos dun porco bravo, e, e fillos de ghoma rota, e fillos de roleiro e furafollas, e gharrulos, e gharabullos, e ghreludos, e lambecús, e, e langhráns, e maghorrentos, e mentireiros, e milhomes, e moinantes, e montes de merda, e morriñentos,e mostrencos, e pailáns, e pailarocos, e paletos, e pallasos, e e panochos, e, e papahostias, e papáns, e papóns, e pateiros, e pendangas, e piollentos, e porcos, e renartes, e reviraceos, e restrebeiros, e sapoconchos, e tarabelos, e tatollos, e tolos, e toupas, e túzaros, e vacalouras, e virulillas, e xaropeiros, e xeniúdos, e xirigatos, e xonicas, e zoupón...

...e disque gente soez y de baja ralea, e gente que almacena lentamente dinero lento que no se propone gastar, e truhanes, e camorristas, e insaciables, e ateos, e bandoleros, e incultos, e máquinas de sudor, e individuos necios, e astutos, e codiciosos, e ambiciosos, e tontos, e groseros, e golosos, e poco leales, e apáticos, e ladrón...

...e seica sórdidos galegos, duro bando, e historicamente pesimistas, e pobo con problemas psicolóxicos, e país que descoñece o sistema métrico-decimal, e aínda temos moitas batallas que gañar, e beibillucanduí, e eu veño do Urughuay falando inghlés, ninghén me entende, e seres de aldea coa lingua bífida, e cosmopolitiñas, e eu non che sei ben, a min contáronmo, e o resto pola cantidade, e o defunto ata a coviña...

...e «Fáloche filla, enténdeme nora».

Vivamos como galegos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

A lingua como arte facto