«Antes os paparazis eramos fotógrafos clandestinos, os famosos non nos coñecían»

Rosa A. Gallardo

BARBANZA

12 jul 2008 . Actualizado a las 02:00 h.

Otero dedicouse sempre á fotografía. Comezou en prensa, concretamente no diario La Noche , e montou en Madrid a primeira axencia de paparazis de España, Hispania Tres. Logo desprazouse a Marbella, ao corazón do famoseo. Agora vive en Muros e leva unha pequena tenda de revelado dixital, onde tamén fai reportaxes de actos sociais.

-¿Como é a vida dun paparazi?

-Antes os paparazis éramos fotógrafos clandestinos, os famosos non nos coñecían. En moitos casos asistíamos aos mesmos cócteles ca eles, mesturabámonos no seus círculos e logo perseguiámolos para fotografalos. -¿Que personaxes lle gustaba especialmente fotografar? -A Dalí e a John Lennon. Aínda que co que máis cartos gañei foi co de Onassis e Jacqueline Kennedy. Fotografei xente de todo tipo, incluso xefes de goberno de toda Europa. -¿Algún espido polémico? -O máis popular foi o de Lola Flores, co cal Interviú vendeu un millón de exemplares. Pero as fotos máis comentadas foron as de Isabel Presley e Miguel Boyer cando se descubriu o romance. -¿Por que regresou a Galicia? -O que fan agora os paparazis paréceme acoso. Non me gusta fotografar á xente cando non é noticia, cando simplemente vai de compras. Aquí traballo facendo vodas e outros actos de tipo social.