A Guía, referencia para os mariñeiros


A Guía, nome de lugar do concello de Ribeira, é un topónimo de consolo para os mariñeiros, que dende o cerne da historia sentiron a necesidade antropolóxica de crearen as súas divindades protectoras para combateren o medo que inspira o mar tenebroso. Xurdiron así topónimos de advocación como o de Nosa Señora da Guía, avogosa das arriscadas xentes do mar, que ven na devandita santa unha guía que os guía no proceloso mundo das ondas. Guía que produciu o topónimo homónimo alí onde unha altura visible dende o mar é susceptible de se converter nunha guía ou referencia para chegar a porto. Caso da Guía da parroquia de Carreira, ou do monte da Guía da ría de Vigo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

A Guía, referencia para os mariñeiros