O Ateneo acolle unha mostra da ribeirense Rosa Crujeiras

A artista expón obras no local ribeirense ata fin de mes A pintora de Santa Uxía, afincada en EE.?UU.?, presenta unha colección de cadros baseados no urbanismo e na natureza


ribeira

? artista ribeirense Rosa Crujeiras Teira expón ao longo deste mes no Ateneo Valle-Inclán, unha colección de cadros inspirados na impresión do urbanismo no medio natural.Esta pintora, afincada en EE.?UU., presentou un conxunto de obras que estiveron expostas ao longo do ano pasado en tres galerías de Nova York. «Este país ofrece muchas opciones para crear. En este sentido es el lugar de las oportunidades, porque los artistas tenemos a nuestra mano todo un abanico de posibilidades en las que dar salida a nuestras obras», apuntou Crujeiras. Por iso, esta moza ribeirense -ten 24 anos- non se lamenta para nada de ter cambiado a súa residencia. «Tomé la decisión con poco tiempo porque me salió una oportunidad en América y ahora no me arrepiento para nada porque allí me he formado», destacou a pintora. De feito, non descarta a posibilidade de volver a Europa para continuar coa súa formación para o ano que ven: «Quiero regresar para estudiar en Europa porque aquí el arte tiene otro matiz diferente».PolifacéticaO certo é que esta creadora é unha artista dos pés á cabeza, xa que ademais de pintar ten estudios de piano. «Desde siempre me tiró todo lo relacionado con el arte; creo que un buen artista debe ser lo más completo posible», comentou Crujeiras. Aparte da exposición no Ateneo, está previsto que a ribeirense amose máis obras no auditorio da localidade. «Estoy preparando algunas obras de este último año para mostrarlas en el auditorio, pues para mí es importante que la gente de mi tierra conozca mi trabajo». E engadiu: «Quiero trabajar mucho porque no descarto la posibilidad, en un futuro lejano, de volver a instalarme en Galicia, mi tierra».Entre os seus referentes destaca Andy Warhol, aínda que tamén é seguidora de autores máis clásicos como Dalí. «Soy una fanática del Pop-Art y de los pintores surrealistas», destacou a creadora de Santa Uxía. Agora pasará os meses de verán cargando as pilas na súa terra para volver cruzar o charco en setembro.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O Ateneo acolle unha mostra da ribeirense Rosa Crujeiras