As novelas históricas triunfan nas librarías da bisbarra

Chechu López RIBEIRA

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Reportaxe | ¿Que len os barbanceses? As obras en galego seguen a gañar adeptos, sobre todo autores como Manuel Rivas co seu último traballo «Os libros arden mal»

08 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? Barcelona medieval en tempos da construción do templo de Santa María do Mar conforma o escenario da novela que nos últimos meses conseguiu desbancar en ventas nas librarías da bisbarra ao best seller El código da Vinci, de Dan Brown. Trátase da obra La catedral del mar, escrita por Ildefonso Falcones, e da que nalgún establecemento vendéronse máis de 500 exemplares. Segundo algún propietario destas tendas, os lectores séntense moi atraídos polas novelas históricas ou baseadas en feitos reais. Do novo éxito de ventas, algúns libreiros da zona destacaron que a recreación histórica repleta de violencia, paixón e intriga, nun tempo convulsionado polas rebelións contra as inxustizas feudais, os conflitos dinásticos e a represión inquisitorial son argumentos que seducen aos clientes. Ademais, apuntaron que o tortuoso camiño que emprende o protagonista da novela en pos da liberdade «engancha moitísimo». Entre os libros de ficción tamén ten moita demanda, segundo os libreiros, El corazón helado, de Almudena Grandes, obra que se desenvolve na Guerra Civil e onde se entrecruzan o amor e a política. A continuación sitúase Escucha mi voz, de Susana Tamaro, que é a segunda parte de Donde el corazón te lleve, que vendeu máis de millón e medio de exemplares en castelán. Nas preferencias dos barbanceses tamén se atopan Todo bajo el cielo, de Matilde Asensi; Corsarios de Levante, a sexta novela das aventuras do capitán Alatriste, de Pérez Reverte; La canción de los misioneros, de John Le Carré; Inés del alma mía, de Isabel Allende; El pedestal de las estatuas, de Antonio Gala, e La sangre de los inocentes, de Julia Navarro. Autoaxuda El alma está en el cerebro, de Eduardo Punset e Optimismo vital, de Bernabé Tierno, seguidos a distancia por La Autoestima, de Luis Rojas Marcos, lideran a lista de vendas de obras de non ficción. Ao igual que esta publicación, outros libros de autoaxuda foron os máis demandados nos últimos meses nas librarías da zona. Os xornalistas Federico Jiménez Losantos e César Vidal, con De la noche a la mañana e Jesús y Judas, tamén teñen numerosos seguidores ao abordar temas de actualidade bastantes polémicos. A última obra do Nobel Orhan Pamuk, Estambul, tamén alzouse nos postos altos das novelas máis vendidas na bisbarra, así como Las pequeñas memorias, escrita por José Saramago. No tocante á literatura galega, Manuel Rivas mantén a súa posición de privilexio, esta vez coa obra Os libros arden mal. Na libraría Sementeira, da editorial noiesa Toxosoutos, segue a mandar a colección Os barbanzóns , esta vez co título A noite de Samaín, seguido de Contos e lendas dos países celtas, de Jean Markale; Alfonso VII, de Antonio López Ferreiro; O rei dos lobos, de Xerardo Neira, e O Colón galego. O almirante das mil facianas, de Alfonso Philippot.