A colección inclúe un repaso polos premios Nobel da materia

La Voz

BARBANZA

27 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? colección exposta no Faiado inclúe 80 láminas cedidas por Ramiro Villoch con fotos dos premios Nobel de Medicina concedidos ata 1965. Algúns deles foron compartidos, como ocorreu con Santiago Ramón y Cajal e Camilo Golgi, no 1906; e Severo Ochoa e Arthur Kornberg, en 1959. Na parte posterior das estampas hai unha memoria co historial do premiado, que o propio Villoch resumiu para facilitar as visitas. Tamén se presentan 20 debuxos a cor de Ramón y Cajal sobre a súa investigación das neuronas, varios libros escritos polo médico navarro, unha ilustración a plumilla do doutor Fleming e o texto íntegro do xuramento hipocrático.