Alumnos boirenses aprenden a facer xogos de cálculo

La Voz

BARBANZA

C. QUEIJEIRO

Cousas da xente Os rapaces de Boiro tiveron a ocasión de ver en directo á persoa que está considerada o matemático do século

24 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Alumnos dos centros educativos de Boiro asistiron, no marco da programación cultural deseñada polo edil Gerardo Piñeiro , a unha conferencia ofrecida por Jaime García , considerado o calculista do século. O poñente, que posúe cinco récords Guiness, amosou a súa habilidade cos números. Facerse maior Numerosas persoas acudiron en A Pobra a unhas xornadas promovidas pola Concellería de Asuntos Sociais, cuxa responsable é Rosa Fernández , coa colaboración da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer. Nas sesións, ás que tamén acudiu o alcalde, Isaac Maceiras , falouse sobre as patoloxías máis frecuentes que afectan ás persoas da terceira idade, así como diversos tipos de demencias. Entre os poñentes estiveron Jesús Victoria , Araceli Prieto e Amalia González Rollón . A sétima edición do seminario sobre poética que se leva a cabo en Rianxo aborda hoxe a última xornada. Na de onte, estiveron, entre outros, Antonio Moreno Hernández , que falou sobre a tradución dos textos latinos; e María Lopo , que se referiu aos textos en bretón e francés dos versos de Claudio Rodríguez Fer . Tamén se presentaron conclusións dun estudo da Universidade de Vigo sobre as traducións de Álvaro Cunqueiro. A Coral do Liceo Marítimo Rianxeiro, que dirixe Beatriz Navia, amenizou a misa que celebrou o cura párroco de Rianxo, Fernando Palleiro , cun concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. A actuación tivo lugar na igrexa de Santa Columba. Con motivo das festas do Nadal, a sociedade que preside Carmela Ordóñez ten programados outros concertos semellantes. O integrante da Sociedade de Caza Liceo de Noia José Ramón Romero Castro intentará revalidar hoxe o título que acadou o pasado ano no campionato de caza de arcea. A proba desenrolarase no municipio de Mañón. Este afeccionado barbancés espera que a xornada se lle presente de xeito favorable e, deste modo, poder traer para Noia o prezado galardón. Sen embargo, non será unha tarefa doada porque todos os que participan teñen unha gran experiencia.