Prensa obreira no Barbanza

Antón R. Gallardo

BARBANZA

«La Lucha» publicouse na Pobra do Caramiñal entre 1932 e 1933 e sería un efémero pero pugnaz órgano de propaganda e defensa das ideas de progreso social

23 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

n. ». Figura como o seu primeiro director Manuel Venerando Porteiro, secretario do xulgado e presidente da Agrupación Socialista; aínda que, moi logo, aos dous meses, cedíalle a responsabilidade a Antonio Domínguez Fontán, secretario da referida agrupación, que -pensamos- seguiría no cargo ata a desaparición do periódico. A redacción e administración estaban na rúa Montero Ríos, ao lado da estación telefónica. E, malia comezar editándose na localidade, na imprenta de Cándido Crusat, a partir do outono pasaría a facelo na imprenta La Popular, de Pontevedra. s. Nun momento no que a Igrexa católica, a raíz da aprobación da revolucionaria e laicista Constitución do novo réxime, se posicionaba fronte á República, foron tamén numerosos os artigos críticos coa súa xerarquía, á que adoitaban cualificar como defensores de «esa religión tan distanciada de Cristo». Pero La Luch a daría cabida a moitos outros temas, sempre de interese social ou político, como o ensino, a emancipación da muller, a nova lexislación, conflitos laborais, etcétera. A lista de colaboradores -en moitísimos casos resgardados tras pseudónimos- é longa. Entre os máis habituais, destácanse, nas páxinas de Ribeira: Manuel Moure Gómez, Bautista M. Lemiña (que, comezado 1933, abandonaba esta cabeceira por La Coraz a, de Ribeira, baixo as críticas dos seus correlixionarios) e os mozos da Juventud Cultural Republicana (Julio Silva, Agustín F. Oujo, Ramón Rivas ¿). Nas de Boiro: Juanito Somoza, Jesús Gallardo, Guillermo Santamaría e Teresa M. del Río. E, finalmente, na sección da Pobra aparecerán a cotío, xunto ás sinaturas de Porteiro e Domínguez, as de Tomás Moro (que cremos debía ser un pseudónimo) e Carmen Parad a.