As dúas Españas

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

20 abr 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O TÍTULO deste artigo, lido así, sen máis, é para botarse a tremar. Non pasa nada, é un tópico. Non pretendo aquí reescribir os últimos sesenta anos da historia de España, nin moito menos. Polo tanto, o mellor é sosegarnos e non tomalo pola tremenda. Total, estaríamos perdidos de antemán. Aquí, neste espacio, teño escrito sobre a liberdade. Non se alteren, non vou caer esta vez nesta filosofía que tanto cansa. Hoxe, non obstante, vou escribir sobre as aptitudes de certos grupos radicales que están a desmadrarse pola xeografía nacional e que reclaman a volta do imperio, axudados por algún medio de comunicación. É certo, os falanxistas están aí ou, mellor dito, sempre estiveron. Outros grupos, faccións ou coma queiran, violentos coma os primeiros coidan que militar no bando democrático fainos máis democráticos. Resúltame curioso e refírome ao percance de Santiago Carrillo. Tráeme recordos. Por moito tempo no meu pobo, o que escribe e moitos dos meus compañeiros, vivimos unha situación semellante, de insultos, de intentos de agresión, de xente airada que hoxe pasea disfrazada con pel de año e no seu interior o que levan é un lobo. Eu non perdoo nin teño por que. Hai cousas que nunca cambiarán. A idea democrática nalgún grupo segue atrofiada e lonxe de ser entendida. A Santiago Carrillo insultárono sempre. Non é unha utopía. Estamos envoltos, sabe Deus ata cando, nas dúas Españas.