La Voz e Barbantia presentan o suplemento cultural mensual

Unha mesa redonda debatirá sobre estas publicacións na prensa A entidade comarcal aproveitará o acto para darse a coñecer na sociedade de Ribeira


ribeira

? asociación cultural Barbantia celebrará a súa posta de longo ás oito e media desta tarde nun acto que terá lugar no salón do auditorio municipal de Ribeira. O programa abrirase coa presentación en sociedade do primeiro número do suplemento A Voz de Barbantia , que se publicará todos os últimos venres de cada mes na edición comarcal de La Voz de Galicia .Os encargados de presentar esta publicación, que se incorpora nas páxinas 7, 8, 9 e 10 desta edición, serán o delegado en Barbanza de La Voz de Galicia , Xosé Ramón Ares Noal, e o presidente de Barbantia, Antón Riveiro Coello. Este último tamén dará a coñecer a filosofía da entidade, consistente en dinamizar a cultura comarcal con ideas e proxectos que permitan aproveitar o gran potencial que ten a comarca nesta materia. Antón Riveiro declarou que un dos obxectivos principais que se plantexou a xunta directiva da asociación que preside foi buscar liñas internas de comunicación e movilidade para facer de Barbantia unha «caixa de resoancia, intercambio, reflexión e amizade», suliñou. Ademais, quere acabar cun dos grandes obstáculos cos que tropeza a oferta cultural no Barbanza, que é que, en moitas ocasións, os actos non trascenden os límites do concello no que se programan.BaleirosContrariamente ao que se poida pensar, Barbantia non xorde coa pretensión de competir con outras entidades que organizan actividades. O seu fin é completar os baleiros existentes na oferta cultural da zona, e mediar ante os concellos, institucións e asociacións para celebrar conferencias, exposicións, encontros e actividades de interés para todos os cidadáns do Barbanza.Xosé Ramón Ares Noal e Antón Riveiro Coello tamén participarán nunha mesa redonda sobre a relación da prensa e a cultura, na que tamén intervirán o escritor e xornalista de La Voz de Galicia Xesús Fraga, o responsable de El País en Galicia, Xosé Vázquez Hermida, así como o concelleiro de Cultura de Ribeira, Luciano Fernández.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

La Voz e Barbantia presentan o suplemento cultural mensual