O punto de mira

MANUEL TEIRA

BARBANZA

DESDE FUERA | O |

10 nov 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

TEMOS O corazón dividido. O corazón é fráxil, altérase e sofre, pode ser letal, túrbanos, é unha trampa na que caemos e desvariamos máis do debido. Comezo a ter serias dúbidas sobre a súa utilidade. Non dicimos o que sentimos, nin dicimos o que pensamos. Estes días, cando a miña perna díxome basta, fixen un alto, apeeime no peirao de Muros e dei en mirar ao horizonte. Pensei: Que lonxe está o extranxeiro. Aquí, traguei o corazón, traguei o pensamento e, outra vez, dei en converterme nun ser incordiante e crido, plenamente humano. Entón escoitas, porque si. Sabes que George Bush acaba de esmagar electoralmente a John Kerry. Miras o mapa dos Estados Unidos e caes na conta de que hai unha América profunda. Texas, Montana, Misuri. Sabes que a batuta americana está aí, que irá lamentablemente a peor e que volverán os rodeos, os tambores, as empanadas e o viño de Ribeiro. O sistema democrático neste país é curioso, de trescentos votan cen, está en vigor a pena de morte, a cobertura social nin se nomea, a liberdade de expresión brilla pola súa ausencia e Michael Moore está morto. Bush é un presidente que cre na teoría do imperio -un imperio sen guerras non é nada-. A guerra é patriótica. O mundo está peor con Bush. É máis pobre, hai máis terrorismo, máis guerra. Menos mal que eu aínda estou en Muros. Fóra do punto de mira.