A riqueza megalítica da bisbarra

La Voz

BARBANZA

O MONUMENTO

29 sep 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O patrimonio megalítico do que goza a bisbarra tamén ten presencia no Degu. Neste volume é o turno do Dolmen de Axeitos, situado na parroquia ribeirense de Oleiros e considerado o monumento megalítico máis visitado da comarca, segundo o arqueólogo da Diputación de A Coruña, Ángel Concheiro. Os lectores de La Voz de Galicia poderán coñecer a través do diccionario que esta anta galega é coñecida como Pedra da Moura, e que García Bayón chegou a comparala co mesmo Partenón.