A dorna chegou da man dos fenicios

La Voz

BARBANZA

02 ago 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Segundo Sánchez Dragó, unha lenda dos sacerdotes de Sais, publicada por Platón nos diálogos de Timea e Critias, referíase ás extraordinarias edificacións que poseían os habitantas do continente Atlántida. Dos que se salvaron do gran naufraxio, algúns refuxiáronse en Galicia e outros marcharon ata Fócida, Asia Menor. Segundo un artigo publicado en La Voz de Galicia dun arqueólogo portugués, éste menciona que volveron sobre os seus pasos, co nome de fenicios, traendo o alfabeto e a embarcación denominada dorna, que é a barca orixinal desta zona. Respecto á arquitectura galaico-romana, despois de dous mil anos temos vestixios que son testigos vivos dela, como son a ponte de Xuño e a da Misarela, sobor do Camiño Real da Pobra. Parte da calzada romana, Per Loca Marítima, está en Vitres, Boiro; Castelo de Plinio e Porto de Acovasa, en Aguiño. Os canteiros de entón eran realmente moi especializados, capaces de facer verdadeiras maravillas.