Asinante dun manifesto revolucionario

La Voz

BARBANZA

02 feb 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

Ramón del Valle-Inclán Bermúdez foi tamén secretario da Xunta Revolucionaria de Vilagarcía de Arousa en 1868 e, como tal, é un dos asinantes do manisfesto político do primeiro de outubro dese ano ós habitantes desa vila. Home moi interesado polos temas históricos, publicou algúns artigos sobre tradicións galegas, ademais de ser un poeta de certo interese, que, mesmo, foi premiado nos Xogos Florais de Santiago de Compostela en 1875, xogos florais nos que quedou finalista quen logo será unha das máis importantes escritores galegas, Emilia Pardo Bazán. Coñécense outras varias composicións poéticas do pai de Valle, e salienta entre elas o poema galego Ildaura, que permanece, desgraciadamente, inédito. Director de tres xornais Pero destacou ademais como xornalista, sendo director de El Eco de la Ría de Arosa e de La Voz de Arosa, ademais de redactor de La Opinión Pública de Santiago. Amigo de Manuel Murguía, dirixiulle unha interesante correspondencia, hoxe editada por un dos seus netos, na que, como curiosidade, comenta o achado do dolmen de Axeitos. Ben merecía que algunha institución da comarca da Barbanza reunise os seus escritos e divulgase a súa biografía, da que só se preocupou con importantes aportacións o mestre de xornalistas Raimundo García, Borobó.