A «food truck» O Sabor das Rías estará en Vilanova esta fin de semana
VILANOVA / LA VOZ
VILANOVA DE AROUSA
Os pinchos das mellores festas gastronómicas da provincia poderán degustarse entre o xoves e o sábado
08 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A escolma dos mellores pinchos e produtos gastronómicos que compoñen o menú O Sabor das Rías chegará este xoves a Vilanova para ficar no municipio arousán ata o sábado. Durante tres días, xa que logo, os amantes da cociña poderán achegarse a unha das tres food truck que a Deputación de Pontevedra fretou esta tempada para dar a coñecer as diferentes festas culinarias de interese turístico que se desenvolven na provincia.
A autocaravana gastronómica situarase na avenida González Besada, diante da biblioteca municipal, e funcionará, en horario ininterrompido dende as 12.30 ás 18.30 horas, entre o xoves e o sábado.