A Xunta espera rematar en abril a obra da senda peonil de Corón

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

Visita institucional á obra, este martes
Visita institucional á obra, este martes cedida

O delegado territorial recoñece que é un proxecto «complexo» pola falta de espazo para as beirarrúas

28 mar 2023 . Actualizado a las 16:10 h.

A senda peonil que se está a construír na PO-549 a seu paso por Corón (Vilanova) está executada nun 80 % e a previsión da Xunta é que remate antes de finalizar o mes. Así o anunciou o delegado territorial en Pontevedra, Luis López, durante a visita que realizou hoxe aos traballos.

Esta actuación contempla a construción de senda e reposición de beirarrúas existentes, a reordenación dos aparcamentos e medidas complementarias de seguridade viaria con pasos de peóns e regulación semafórica. O orzamento da obra é de 1,1 millóns de euros e comprende un treito de 3,27 quilómetros, dos que os 500 primeiros metros se corresponden co termo municipal de Vilagarcía.

López recoñeceu que é unha obra «complexa» polo estreito da vía, que obriga a limitar nalgún caso o ancho da senda poenil a 90 centímetros pola presenza de casas ao pé da estrada, segundo os datos facilitados pola Xunta.