Vilanova retoma as clases de inglés o 7 de febreiro

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

Martina Miser

Serán no centro de Vista Real ata o 7 de maio a razón de dúas tardes á semana

25 ene 2023 . Actualizado a las 15:51 h.

O martes 7 de febreiro comenzan no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Vilanova, situado en Vista Real, unha nova edición das clases de inglés que organiza o Concello para persoas que acrediten un nivel de dominio do idioma equivalente ao nivel BI+. O programa ten unha duración total de 36 horas, que se impartirán durante doce semanas nas tardes dos martes e os xoves, ata o 7 de maio en horarios de 18.45 a 20.15 horas.

Os prezos son de sete euros a hora para os empadronados en Vilanova e de 8 euros para o resto dos alumnos.

Os interesados poden inscribirse enviando un correo electrónico redactado en inglés onde figuren os datos persoais do alumno (nome e apelidos, enderezo, tipo de actividade profesional ou académica e teléfono de contacto) á seguinte dirección: chatzglobal22@gmail.com