Servizos e construción soben a Arousa á crista da onda da redución do paro en Galicia

A mellora mensual na comarca, de case un 3 %, foi moi marcada no Grove, cun -8,45 %


vilagarcía / la voz

Desde a Consellería de Emprego e Igualdade, onte a directora xeral de Formación e de Colocación, Zeltia Lado, sacaba peito pola confirmación da maior caída mensual do paro rexistrado en Galicia desde 1996. Unha redución dun 2,43 % que, facían fincapé desde a Xunta, mellora en case un punto o 1,48 % da baixada media experimentada no Estado en marzo. Neste marco, toca celebrar o bo comportamento do mercado laboral no conxunto dos once concellos da banda sur da ría de Arousa, nos que o número de persoas na procura dun posto de traballo a través das oficinas públicas de emprego caeu das 8.815 ao peche de febreiro ás 8.563 do mes pasado. 252 desocupados menos, que supón un descenso do 2,86 % mensual.

Só dúas das once localidades da zona se mantiveron á marxe deste comportamento positivo en marzo. Valga, con dous desempregados máis, pasando de 362 a 364, e Meis, con 4, dos 324 de febreiro aos 328 do último rexistro oficial.

No haber, O Grove encabeza a rebaixa mensual do paro, reducindo en 92 os seus desocupados pasando de 1.089 a 997. Un 8,45 % menos. 92 traballadores que supoñen algo máis dunha de cada tres persoas borradas das colas laborais da comarca contabilizadas polos organismos oficiais de emprego.

Nesta onda, o paro caeu en 45 profesionais en Cambados, de 1.143 a 1.098, en 41 en Vilagarcía de Arousa, de 3.531 a 3.490, en 27 en Meaño, de 419 a 392, en 24 en Vilanova de Arousa, de 805 a 781, en 12 en Pontecesures, de 231 a 219, en 6 en Catoira, de 260 a 254, noutros 6 en A Illa de Arousa, de 310 a 304, e en 5 en Ribadumia, con 341 desocupados en febreiro polos 336 de marzo.

Os datos de Pontecesures e de Catoira permiten que o Baixo Ulla manteña unha caída continua do seu número de parados en cada un dos tres primeiros meses do ano, interrompida en febreiro no caso do Salnés con 99 desempregados máis.

O bo comportamento do mercado laboral arousán o último mes tivo nos servizos e na construción os seus dous grandes motores de tiro. Os servizos achegan o maior número de traballadores que saíron das listas das oficinas públicas de emprego, 165 dos 252, cunha caída mensual do paro no sector do 2,74 % ata deixar a súa cifra de desocupados nos 5.847. Con todo, os 54 parados menos na construción supoñen un descenso do 8,97 % nesta rama produtiva, na que 548 profesionais seguían rematado marzo á procura dun contrato. A mellora foi apenas perceptible nos grupos de traballadores sen emprego anterior, -22 (503 en total), industria, -9 (1.204) e agricultura e pesca, -2 (461).

A caída concéntrase no desemprego masculino, afondando a fenda de xénero laboral

A sensible melloría en marzo, de practicamente un 3 %, no paro rexistrado no sur de Arousa, ofrece as súas sombras. Máis aló do reparto desigual por concellos, con Valga e con Meis á marxe da baixada como xa se apuntou, e dos cativos números positivos, rozando o estancamento, dos sectores primario e industrial; unha ollada aos rexistros de desemprego por sexos fala dun último mes no que o mercado laboral arousán non fixo máis ca afondar a cronificación da súa fenda de xénero.

Dos 252 parados menos recollidos nas listas das oficinas públicas de emprego da comarca respecto a febreiro, só 45 son mulleres, polos 207 homes que completan a cifra de redución do paro. Isto é, dos traballadores reintegrados ou integrados por vez primeira ao sistema, só o 17,85 % son mulleres. Un comportamento levado ao extremo no Baixo Ulla, onde os 16 desocupados menos son todos homes.

Así as cousas, nos 837 parados da suma de Valga, Pontecesures e Catoira aparecen 315 varóns, un 37,6 %, por 522 mulleres, o 62,4 % restante. No Salnés, dun total de 7.726, son 3.329 homes desempregados, un 43,1 %, por 4.397 mulleres, o 56,9 %. No conxunto das dúas comarcas a relación é dun 42,6 % fronte a un 57,4 %. 

La pandemia reduce a 3,5 el número de cotizantes por parado en la comarca

pablo penedo

Los datos de la Seguridad Social reflejan la pérdida en un año de 802 trabajadores en Arousa

La publicación de los datos de paro registrado del mes de febrero ofrecían una primera foto del impacto brutal que la pandemia del covid-19 ha causado en el mercado laboral del sur de la ría de Arousa. Los números ofrecidos por la Seguridad Social referidos a los trabajadores en alta a último día del mismo mes, y su comparativa tanto con los de febrero del 2020 como con el mencionado balance del paro registrado no hacen más que definir la imagen de un preocupante panorama.

802 cotizantes menos en los diferentes regímenes de la Seguridad Social asociados a un puesto de trabajo en los once municipios del sur de la ría de Arousa. Esa es la cifra que arroja la diferencia entre los 31.789 afiliados que figuraban en las listas del ente estatal en febrero del 2020, el último antes de la irrupción del covid-19 en toda su crudeza, y los 30.987 del mismo mes del presente año. Una caída del 2,52 %. Sensiblemente inferior a nivel porcentual respecto al incremento en un 8,87 % experimentado en la nómina del paro registrado en Pontecesures, Catoira, Valga, Vilagarcía, Vilanova, A Illa, Meis, Meaño, Ribadumia, Cambados y O Grove. No obstante, dichos 802 cotizantes menos superan en 84 al las 718 personas que engordaron el total de desocupados que recurrían a las oficinas públicas de empleo el pasado febrero, 8.815, en comparación con un año atrás.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Servizos e construción soben a Arousa á crista da onda da redución do paro en Galicia