«Estes programas apórtanlle vida, están acompañados e ven os resultados»

b. c. VILANOVA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

13 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Especializouse en psicoloxía infantil, pero agora traballa no programa Sempre Xove de Vilanova, dirixido a persoas maiores.

-Dise que os vellos son coma nenos, que opina?

-A vida é un ciclo. En parte si, din o que pensan e iso é súper bo porque viviron moitas experiencias. Todo o mundo leva un neno dentro.

-Que lles aportan programas como Sempre Xove?

-Vida. O seu día a día é supervivencia, pero cando están aí están vivindo, con persoas da súa idade e están acompañados. Ven os resultados, eles mesmos o din.

-Cal é o perfil do usuario deste tipo de servizo?

-De cen persoas só hai once homes. Penso que isto ocorre pola educación que recibiron, que hoxe en día é moi distinta. Educáronse pensando que a muller é máis dependente. En canto idades, hai persoas de 73 anos ata 96.

-Os que proban repiten? Que é o que máis lles gusta?

-Si, repiten e o que máis lles gusta é a parte física. Chama a atención, pero supoño que é porque notan os resultados nun período máis curto de tempo.

-É doado traballar con este colectivo, deixanxe aconsellar?

-Hai de todo, pero, en xeral temos moi bos resultados.