O Bao, escenario de regatas de piragüismo e de dornas 

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Pola tarde, arredor de trinta dornas partirán da praia

24 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A praia do Bao da Illa de Arousa vai ser hoxe un comezar e non parar a nivel de competicións náuticas. Pola mañá máis de medio milleiro de padexeiros participarán a partir das dez e media da mañá e ata iso da unha e media da tarde na quinta regata puntuable para a Liga Deputación de Pontevedra-Trofeo Illa de Arousa de piragüismo para categorías alevín, benxamín e prebenxamín.

Xa pola tarde, arredor de trinta dornas a vela partirán da propia praia para disputar a Regata do Bao, cun campo de competición fixado por un triángulo con vértices tamén na zona de Cabodeiro e Vilanova. Os participantes deberán aparellar as embarcacións en terra antes de zarpar.