O CDL de Vilanova acada a acreditación para impartir novos certificados profesionais

Están relacionado coa informática, xestión administrativa e márketing


Vilanova

A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu a acreditación para impartir no Centro de Desenvolvemento Local (CDL) de Vilanova os seguintes certificados de profesionalidade: Seguridade informática, Confección e publicación de páxinas web, Sistemas de xestión de información, Xestión administrativa e financeira do comercio internacional, Márketing e compraventa internacional. A estes novos certificados hai que engadirlle os cinco que o CDL xa tiña acreditados previamente, relacionados coa agricultura e a xardinería.

Por outra banda, o CDL remitíu á Xunta a documentación de solicitude para impartir o curso de Marketing e compraventa internacional, de 768 horas de duración, das que 40 son de prácticas en empresas e 18 de formación complementaria.

Este curso inclúe 240 horas de inglés profesional adaptado ao comercio internacional. Se a Xunta concede este curso, comezaría a impartirse desde setembro e remataría a finais de marzo de 2020, e poderían participar as persoas desempregadas inscritas no servizo público de emprego que teñan o título de bacharelato ou técnico en formación profesional.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O CDL de Vilanova acada a acreditación para impartir novos certificados profesionais