Noé Charlín Chazo, ao Campionato de España como mellor terceiro alevín galego


Vilagarcía / La Voz

A directiva e os integrantes da familia do Club Ximnasia Rítmica Arousa ultimaban onte os preparativos para o torneo do club en Vilagarcía co sorriso polo éxito de Noé Charlín Chazo. O canteirán vilanovés do club illense finalizaba en Ourense no terceiro posto da clasificación alevín do Campionato Galego Individual Masculino de Ximnasia Rítmica.

Charlín completou a súa actuación nos tres aparellos do cadro alevín cunha puntuación de 21,45, só superada polos irmáns Sergio e Felipe Meijueiro González, do Treboada, campión e subcampión con 29,30 e con 22,55, respectivamente. Un fallo no exercicio de aro, que o relegou ao último posto do aparello cun 5,75, impedíulle ao deportista do C.X.R. Arousa progresar máis no podio, coa segunda mellor puntuación en M.L. e a terceira en mazas.

Con todo, a mellor nova chegada desde Ourense foi a clasificación de Noé Charlín Chazo para o Campionato de España do vindeiro mes, en Mallorca.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Noé Charlín Chazo, ao Campionato de España como mellor terceiro alevín galego