17 may 2019 . Actualizado a las 20:48 h.
O mal tempo obrigou a aprazar a «jam session» que se ía celebrar onte á noite no Terrón. O concerto coral, ao que estaban xa confirmados unha vintena de artistas, aprazouse para o 25 de maio, á mesma hora e no mesmo lugar, o novo auditorio ao aire libre que o Concello de Vilanova habilitou na zona do Terrón para celebrar concertos e outro tipo de actividades.