A Xunta reúnese cunha representación da residencia Valle-Inclán en busca de solucións

La Voz VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

MARTINA MISER

A consellería lembra que a situación do centro xeriátrico «está en mans da xustiza»

17 abr 2019 . Actualizado a las 14:01 h.

O equipo técnico da Consellería de Política Social reuniuse este mércores con representantes dos traballadores e usuarios da residencia Valle-Inclán de Vilanova para buscar unha solución «que permita manter a oferta residencial en condicións de seguridade e calidade e garantir os postos de traballo». Esta xuntanza mantívose en cumprimento dunha proposición non de lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia o pasado 4 de abril, segundo informan desde a Xunta. As mesmas fontes sinalan que «cómpre recordar que a situación da residencia Valle-Inclán está en mans da Xustiza». A residencia está clausurada administrativamente pola inspección de servizos sociais, «unha decisión que foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia». A Fiscalía de Pontevedra a incoou dilixencias de investigación penal en relación á situación destas instalacións. Mentres, os traballadores e representantes das familias iniciaron unha serie de medidas, como foi a recollida de sete mil sinaturas, para solicitar que o centro siga aberto.