A Policía Autonómica esclarece a autoría dun lume en Vilanova grazas á colaboración cidadá

Os feitos ocorreron o 4 de febreiro no lugar do Monte


Vilanova

Axentes da xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra veñen de esclarecer un incendio no municipio de Vilanova grazas á colaboración cidadá. O suceso tivo lugar o 4 de febreiro no lugar de O Monte, en Deiro. Un home foi sorprendido por dous mozos que lle recriminaron a súa actitude ao estar queimando rastroxos, os cales lle esixiron que os axudara a apagar o incendio, para logo poñer en coñecemento do 112 todo o acontecido. O incendio afectou a cen metros cadrados de superficie arborada, e xa fora apagado cando chegaron os medios dos servizo de extinción de incendios da Xunta.

Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao xulgado de garda, segundo informa a Consellería de Presidencia. A Policía Autonómica está actualmente investigando se a autoría destes lumes puidera estar relacionada con outros rexistrados na mesma zona nos últimos anos e que tamén tiñan como orixe a queima de rastroxos.

Na campaña anti incendios 2019, tres persoas foron investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

A Policía Autonómica esclarece a autoría dun lume en Vilanova grazas á colaboración cidadá