Marcos Torres: «Arranxar o retablo da igrexa de Donramiro será a loita deste ano»

amelia ferreiroa

VILANOVA DE AROUSA

miguel souto

As obras de restauración do templo, case rematadas, poderían inaugurarse a mediados de febreiro

28 ene 2019 . Actualizado a las 20:35 h.

Os traballos de rehabilitación da igrexa de Santa María de Donramiro (Lalín), ás que a Consellería de Cultura destinou 154.600 euros, están prácticamente rematadas segundo apuntou o cura párroco de Lalín Marcos Torres.

-As obras realizadas foron moi complexas, pero están a piques de finalizarse e de seguido xa se fará a inauguración e bendición das mesmas.

-Que data se baralla para a inauguración?

-No próximo mes de febreiro, a mediados, semella que se poderán inaugurar. Actualmente só falta proceder a colocar a iluminación e tamén estamos valorando coa empresa encargada dos traballos a posibilidade de poñer unha parte da porta de entrada da igrexa en cristal para que a xente poida ver o interior do templo se está pechado, ao ser un dos máis singulares da comarca. O traballo que se fixo é fantástico. Logrouse restaurar a tribuna do coro, mudouse a cuberta, renovouse a instalación eléctrica...

-Queda algunha obra máis que desenvolver nesta igrexa románica?

-Resta arranxar o retablo, que ten unha gran valía, é será unha das loitas que teñamos para este ano 2019. outra das cuestións nas que tentaremos centrarnos ao longo dos vindeiros meses será na recuperación das rectorais que hai nas parroquias. Sei de varios concelleiros que están preocupados tamén pola situación deses edificios, como os de Goiás ou Bendoiro, e o obxectivo pasará por intentar recuperalos.

-Por certo, está en visos de solución a carencia de cura en varias parroquias de Lalín?

-Sen dúbida. Creo que posiblemente se producirá nomeamento esta mesma semana do sacerdote que se fará cargo das parroquias de Botos, A Xesta, Vilanova e Doade.