Tania Álvarez, María Pérez e Carla Frieiro, mellores padexeiras galegas do 2018

Encabezan os deportistas e clubs arousáns premiados pola Federación


vilagarcía / la voz

A Federación Galega de Piragüismo desvelaba onte a identidade dos premios da súa xunta directiva correspondentes á tempada 2018. E como xa é tradición, as comarcas do Baixo Ulla e do Salnés copan boa parte dos galardóns, que serán entregados o 9 de febreiro na gala anual da Fegapi. Este ano, con especial protagonismo feminino arousán.

De feito, tres padexeiras da zona copan os tres grandes recoñecementos individuais femininos do 2018. No caso da grovense do Breogán Tania Elizabeth Álvarez Yates, bronce no K-2 do último Mundial de Maratón na súa estrea nun gran podio internacional, compartindo o premio á mellor deportista sénior con Antía Jácome (Escuela Piragüismo Ciudad de Pontevedra) e Tania Fernández (Kayak Tudense). A cambadesa do Náutico O Muíño de Ribadumia María Pérez Aragunde, finalista no C-2 200 do Mundial Absoluto, foi elixida pola xunta directiva da Fegapi como mellor deportista feminina Sub-23, mentres a catoirense das Torres Romaría-Vikinga Carla Frieiro fará dobrete, reunindo o recoñecemento á mellor padexeira española e galega xuvenil do 2018 polo seu cuarto posto na final do K-1 500 do Mundial Xuvenil, e a súa praza de semifinalista no mesmo barco olímpico no Mundial Absoluto.

O canoísta vilanovés do Náutico O Muíño Manuel Fontán, subcampión de Europa no C-1 1.000 Xuvenil, leva un accésit a mellor deportista masculino xuvenil, categoría que gañou Xoel García (Kayak Foz); mentres o madrileño do Breogán Noel Domínguez, bronce no C-2 1.000 no Europeo Sub-23, foi recoñecido cun accésit ao mellor padexeiro Sub-23, con Sergio Vallejo (Piragüismo Poio) gañando o galardón da categoría polo seu bronce no C-2 1.000 do Mundial Absoluto. O mariñano Cristian Toro é recoñecido como mellor padexeiro sénior, igual cas Torres-Romaría Vikinga mellor club a nivel nacional feminino, e o N. Pontecesures mellor equipo a nivel nacional de promoción.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Tania Álvarez, María Pérez e Carla Frieiro, mellores padexeiras galegas do 2018