Adeus a señor Luis, o sancristán da parroquia de Tremoedo

Gonzalo González VILANOVA

VILANOVA DE AROUSA

Cedida

Tiña 91 anos e foi enterrado onte

19 ene 2019 . Actualizado a las 18:55 h.

O venres despedimos a un home que non destacou por ter un gran cargo político, nin ter una gran carreira, non, Só era o sancristán da parroquia de Tremoedo (Vilanova). Un home menudo, pero con un grande corazón cheo de humildade e tenrura. Sempre disposto a axudar a todo aquel que demandase algo. Varias xeracións de fregueses recordaran ao señor Luis como a amigo que queremos atopar, para que nos dea unha opinión ou botar unha pequena parola.

Unha longa vida cargada de recordos de varias xeracións. Quen tivemos a sorte de coñecelo, dámoslle as grazas e seguro que moitos de nós levarémolo no corazón. Adeus a un fregués de honra.