Treixadura cantará hoxe «o señor cura» en Vilanova

La Voz

VILANOVA DE AROUSA

Oscar Vázquez

A cita será as dez da noite no Xardín Umbrío

18 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 22 horas • Xardín Umbrío (Vilanova) • Entrada libre • A música volve esta noite ao xardín Umbrío de Vilanova da man do grupo de música tradicional Treixadura, que xa actuara na vila hai catro anos. Será dentro da programación das Sonatas de Verán, que está enchendo de música, e de xente, as noites de verán na vila.

Treixadura subirá ao escenario co orfeón do mesmo nome e interpretará temas do seu último traballo, «Inda canto!», pero non deixará de cantar outros clásicos como «Se chove», «A muiñeira do santo do Amaro» ou «Fisterra». O cambadés Xaquín Xesteira, compoñente e fundador do grupo, invitou onte desde Vilanova de Arousa a todo aquel que guste da música tradicional a acudir a un concerto no que terán ocasión de bailar e de cantar. «Esperamos que o público goce tanto ou máis ca nós da música de Treixadura que, á fin e o cabo, é a música do noso país», subliñou. Treixadura está tendo un verán intenso, con actuacións que os están levando por trinta concellos galegos, da man da Agadic.