Coñecer os segredos verdes do Salnés á carreira

A adega anima os amantes do running e da natureza a unha maridaxe polas sendas de Cambados, de Ribadumia e de Vilanova de Arousa

.

Trece quilómetros e medio de sendas por varios deses moitos segredos verdes que agocha a natureza do Salnés. Gozalos á carreira é o que Condes de Albarei ofrece este domingo a quenes decidan inscribirse na Carreira Popular 30º. Aniversario que a adega arousá sitúa no centro dos seus actos de celebración de tres décadas de crecemento sostido e sostible como un dos referentes do sector vitícola en Arousa, en particular, e Galicia, en xeral. Cunha proba atlética senlleira, con saída nas instalacións centrais de Condes de Albarei, e a liña de meta nas que a cooperativa ten en Pazo Baión.

Eugenia Castro, responsable de comunicación de Condes de Albarei, foi na mañá de onte a encargada de informar dos detalles técnicos dunha proba cun límite de 400 participantes, para corredoras e para corredores nados no ano 2000 e anteriores. Con cinco categorías de idade e trofeo para os tres mellores en cada unha delas, ademais dunha camiseta conmemorativa e unha botella de Condes de Albarei de agasallo a todos os participantes, que contarán cun pequeno ágape con música no Pazo Baión como epílogo. De feito, Pazo Baión pechará un círculo, por canto a organización anima os corredores a deixar os seus vehículos particulares no próximo polideportivo de Baión, fretando autobuses para levalos as 9.35 ata a liña de saída da carreira. Os interesados deben anotarse na páxina web www.championchipnorte.com; a inscrición custa 9 euros. Onte o número de apuntados superaba xa o centenar.

A presidenta de Condes de Albarei, María Dolores Calvo, salientou na presentación que «queriamos celebrar o aniversario cun día no que se mesturasen o lúdico, o deporte, e a contemplación das fermosas estampas da paisaxe da nosa comarca». O edil de Deportes de Cambados, Víctor Caamaño, a concelleira de Ribadumia Mar Moimenta, e o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, manifestaron estar encantados da oportunidade de colaborar os seus concellos cunha actividade que promociona tamén o albariño. E cando se fala de albariño, subliñou Caamaño, «fálase case dun concello único no Salnés, con dinámicas positivas para todos».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Coñecer os segredos verdes do Salnés á carreira