«A min, cantar interésame o xusto, non son unha cantante»

La Voz VIGO / LA VOZ

VILANOVA DE AROUSA

A compositora coruñesa chega a Vigo coa nova visión do que fora o seu primeiro disco

09 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Prehistoria con clicks

Hasta el 17 de junio • Sexto Edificio del Museo • Un diorama de escenas de la Prehistoria con clicks de Paymobil, acerca esta etapa de la humanidad a los más pequeños, al tiempo, que anima al público más joven a visitar el Museo.

Obras de Javier Albatros

Hasta el 30 de marzo • Sala Versus, calle Gerardo Álvarez Limeses • El fotógrafo y pintor pontevedrés, Javier Albatros, expone una veintena de obras inéditas (acrílicos y collage fotográfico) en la Versus de la Fundación Cuña-Casabellas.

Óleos de Jacinto Cajete

Has el 28 de marzo • Galería Musart, calle Herreros • Jacinto Cajete López, pintor de larga trayectoria, eminentemente paisajista y de gran realismo, cuelga una selección de sus últimas obras en la Galería Musart.

Ses presenta hoxe, ás 21.00 horas no auditorio Mar de Vigo, o seu novo disco, Readmirando a condición. A cantora coruñesa, que estará en agosto no Rockin’Vila de Vilanova, volveu gravar, musicar e arranxar o seu primeiro disco, que publicara en 2011, ademais dun tema inédito.

-¿Por que gravar de novo?

-Foi un desquite. Non había copias de Admirando á condición e había xente que o pedía. A nivel de arranxos e de produción artística, xa podo dicir que é da miña autoría. Así que agora xa existe a miña visión deses doce temas no mercado.

-¿Por que lle gusta controlar a produción dos seus discos?

-Porque quen paga manda, así que se queres ter o control dos discos tes que pagar. E non é unha cuestión de opinión política, que todo o mundo ten unha. A miña e a contraria, é dicir, ti podes apoiar a sociedade actual calando ou podes falar do que non che gusta e te molesta; aínda que hoxe por hoxe non sexa o habitual, non esquezamos que a grande maioría dos autores que hoxe son mitos, eran coma min (ri). Sempre vai haber unha marxe na que ti queiras que a xente entre ou non entre, non so na cuestión ideolóxica, tamén na cuestión estética musical, por exemplo. No caso das mulleres se tende a pensar que son só cantantes. Eu non canto ben, nin son vocalista, pero ao home que sube ao escenario xa o chaman compositor. E é que a min cantar interésame o xusto, eu non son unha cantante; eu canto as miñas cancións, que non é o mesmo.

-¿É machista o mundo da música?

-Buah, moitísimo, como todos os mundos. Todos os microcosmos forman parte dun macrocosmos, e ese macro é machista. A miña sinatura non vale igual, pero é igual que asine un disco, un libro ou artigo de opinión. Non ten o mesmo peso. Se na vida todos nacésemos cun código de barras protexido outro galo cantaría, as porcentaxes non serían as mesmas.

-¿Cales son as súas claves para conectar tan ben co público?

-A naturalidade. Eu son una tía moi normal enriba e abaixo do escenario, son moi natural. Iso funciona neste mundo globalizado que tende á homexenización. Eso pasa na música. Hai uns cánons establecidos, e iso, ao final ten dúas caras, por un lado é negativo, sobre todo para a adolescencia porque marca canóns terribles, pero tamén destaca o diferente se hai un discurso sólido detrás.

-¿Como vai ser o concerto?

-Xa levo algunhas entrevistas dicindo que eu son unha persoa moi simpática (ri), así que vai ser un concerto divertido; esta é unha xira divertida e o poden corroborar os que xa viron algún concerto. Haberá temas moi frescos. O me gran medo coma autora é perder a frescura porque creo que co tempo se pode caer no medo a que as linguas viperinas digan que un é peor; eu non quero iso, eu prefiro ser unha persoa normal e fresca.