Ses, a primeira gran promesa do Rockin?Vila deste verán

VILANOVA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O festival, que xa está consolidado no calendario galego, será os días 10 e 11 de agosto en Vilanova

08 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Rockin’Vila xa pode aspirar ao título de clásico musical do verán arousán. Os organizadores deste festival, que vai medrando ano tras ano, xa teñen o motor en marcha para unha edición na que queren seguir incorporando novidades, espazos, colectivos e grupos de idade. O Rockin’Vila prepárase para iniciar o seu percorrido, e faino na mellor das compañías. Ses, esa muller brava, de música brava e letras bravas, ven incorporarse á tripulación deste festival. É, de feito, o primeiro dos nomes confirmados para a edición deste ano, que se celebrará os días 10 e 11 de agosto en Vilanova. Daquela, probablemente, irá unha calor desas que non se atura. Desas que, a estas alturas do ano, casi non somos quen de imaxinar.

Próxima parada

Escoitar a Ses no marco do Rockin’Vila será toda unha experiencia. Pero se non poden agardar ata entón, lembren que a cantautora estará en Vilagarcía o 7 de abril. Ás nove da noite arrincará no auditorio a súa actuación, e os mellores sitios xa están ocupados.