Pontearnelas, o equipo que antepón a deportividade

O conxunto vilanovés aproveitou hai 5 anos un dos últimos ocos nas Ligas das Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra


vilagarcía / la voz

Nun campionato de campionatos como o que organiza a Asociación de Futbolistas Veteráns de Pontevedra, con catro categorías e sete grupos de competición, hai anos que son os menos os novos equipos que se van sumando ás súas ligas. E non por falta de interese, senón polo feito da imposibilidade dos seus responsables de ensanchar o corsé dun torneo que, hoxe por hoxe, chegou ao límite da súa capacidade organizativa, limitando a entrada de novos conxuntos á decisión dos xa inscritos de renunciar a continuar xogando. O Pontearnelas, hai 5 anos, foi unha das máis recentes novidades das Ligas da Asociación. A tempo de vivir a última tempada previa ao ata agora derradeiro gran cambio no sistema organizativo do campionato, cando este se organizaba arredor de seis categorías/grupo.

Roberto Carlos Paz Paz é o delegado, o capitán e tamén a estrela do Pontearnelas. O único dos integrantes do seu plantel con experiencia ampla na Preferente Autonómica. E non precisamente coma peza menor. Cun ascenso co Juventud Cambados desde a Primeira Autonómica á Preferente, e co Portonovo desde esta última categoría a unha Terceira na que non chegou militar. Con tempadas de máis de 20 tantos naquela época, non é de estrañar que a piques de cumprir os 40 conserve o seu toque de dianteiro centro nato, con preto de 80 goles a campaña pasada determinantes no segundo ascenso do conxunto vilanovés na súa historia. O primeiro como campión de Liga.

En todo caso, na pelexa pola permanencia no Grupo 3.º A, Roberto Carlos Paz deixa ben claro que o espírito do Pontearnelas foi e é o dun grupo de afeccionados que «queremos pelexar polo Trofeo á Deportividade por riba de ascensos».

Un propósito xurdido dun pequeno grupo de pais de canteiráns da S.D. Pontearnelas repartidos entre outros equipos de fútbol veterán, o Boa Vila, Armenteira, Sisán e Caleiro, falando entre eles mentres agardaban ao remate dos adestramentos dos seus nenos. Unha iniciativa á que se sumaron varios ex xogadores do club vilanovés ata conformar un grupo duns 40 anos de media de idade, unido polo seu espírito deportivo que hoxe dirixe desde o banquiño José Manuel Abal.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pontearnelas, o equipo que antepón a deportividade