82.000 euros para a compra dun camión para o servizo de electricidade en Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MARTINA MISER

Destinarase a obras de reparación e mantemento

13 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Ravella destina 82.400 euros á adquisición dun vehículo con plataforma elevadora para o departamento de electricidade. A inversión ten como obxectivo renovar o parque móbil dos servizos municipais e mellorar as prestacións da maquinaria para poder realizar máis funcións de forma directa.

O camión a estrear ampliará a capacidade de acometer traballos en altura, xa que o brazo, unha vez montado sobre o vehículo, poderá estenderse ata máis de 17 metros. A plataforma irá montada sobre o vehículo e a cesta contará cunha capacidade mínima de 230 quilos. A súa principal función será a reparación, colocación e substitución de luminarias e farois do sistema de iluminación de todo o municipio.