A rúa Mestres Trigo e Pazos é a seguinte do plan de asfaltados do ano 2026
VILAGARCÍA DE AROUSA
O plan de asfaltado ten como data límite principios de outono
12 ago 2026 . Actualizado a las 05:00 h.Onte comezaron os traballos de asfaltado da rúa Mestre Trigo e Pazos, en Vilagarcía. As obras forman parte do plan de mellora do rural do Concello, que ten como prazo límite principios de outono, e permitirán mellorar unha vía de comunicación cuxo estado de deterioro dificulta o tránsito, debido á presenza de fondas fochas e numerosas fendas.
A empresa Marconsa é a encargada de executar este proxecto, incluído no acordo alcanzado entre o goberno local e o BNG para a aprobación do orzamento municipal. Tras a limpeza das marxes e o varrido da vía, os traballos continuarán co fresado dos treitos deteriorados. A continuación, estenderáse unha nova capa de asfalto e aplicaráse un rego de adherencia. A actuación rematará coa elevación e posta a nivel das tapas de rexistro dos sumidoiros e doutros servizos.
Esta non é, con todo, a única mellora acometida na rede viaria de Aralde. Nos últimos anos, renovouse a pavimentación das rúas Galáns e Aralde e o Camiño da Morte.