A Casa Cultural de San Roque recibe un investimento de 14.800 euros
VILAGARCÍA DE AROUSA
As obras, adxudicadas á empresa Construser César Paz na Xunta de Goberno Local, contan cun prazo de execución de dous meses.
29 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Vilagarcía de Arousa adxudicou os traballos para executar o illamento térmico exterior da Casa de Cultura do Grupo San Roque por un importe de 14.800 euros. As obras, adxudicadas á empresa Construser César Paz na Xunta de Goberno Local, contan cun prazo de execución de dous meses.
Esta actuación enmárcase no plan municipal de mellora e mantemento dos centros socioculturales. O obxectivo principal é resolver as deficiencias detectadas na envolvente do edificio, que actualmente presentan perdas nas súas condicións de protección.
Os traballos comezarán co lavado exterior das paredes para proceder despois ao revestimento illante para garantir a correcta conservación.
A intervención mellorará notablemente a eficiencia enerxética e as condicións de confort do edificio.