O goberno local de Vilagarcía critica o PP por «crear falsas polémicas» coa obra de Bouza de Abaixo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Imaxe do estado das obra da rúa Bouza de Abaixo.
Imaxe do estado das obra da rúa Bouza de Abaixo.

Desde Ravella atribúen as críticas da formación conservadora aos seus nervios ante a proximidade das eleccións municipais

05 jul 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Un día tardou o goberno de Vilagarcía de Arousa en contestar a solicitude de explicacións do PP sobre a marcha das obras que o Concello está a acometer na rúa vilaxoanesa de Bouza de Abaixo ante a preocupación que, di a formación conservadora, lle terían trasladado moitos veciños pola próxima finalización dos traballos sen que se teñan soterrado a redes de telefonía e doutros subministros. Desde Ravella acusan o PP de «crear falsas polémicas para tapar o bo ritmo que leva a obra e as melloras que suporá para os seus habitantes», que atribúe aos seus nervios ante a proximidade das eleccións municipais.

O goberno local do PSOE sinala que Bouza de Abaixo xa contaba con canalizacións para as telecomunicacións e que agora se instalaron as da electricidade. Tamén que se mudaron as tomas de auga ás vivendas.