O Centro Comercial Arousa falla o seu certame de relatos curtos
VILAGARCÍA / LA VOZ
VILAGARCÍA DE AROUSA
O xurado distinguiu catro pezas entre as 63 que chegaron dende distintos puntos de Galicia co gallo do Día das Letras
16 may 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A Mesa das Verbas e a Secretaría Xeral da Lingua colaboraron na organización do sétimo concurso de relato curto Centro Comercial Arousa, con motivo do Día das Letras dedicado a Begoña Caamaño. Os gañadores, que accederon a premios en metálico e a cheques de compra, son, por esta orde, Manuel Losada, de Boiro (E non pido perdón), Carmen Meixús, de Vilagarcía (O misterio da capela) e Belén Domínguez, de Pontevedra (Candeas no meu portal), a quen se engade Rocío Leira, de Santiago (Éxtase), en calidade de accésit. O xurado destacounos entre 63 pezas chegadas dende distintas vilas de Galicia.