O Concello de Vilagarcía faille unha recepción oficial ao batel local polo seu bronce no Campionato de España
29 abr 2026 . Actualizado a las 19:51 h.O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, encabezou este mércores a recepción oficial que o Concello lles tributou aos integrantes do batel sénior masculino do Club de Remo Vilaxoán que o día 18 deste mes se fixeron co terceiro posto do podio da súa categoría no Campionato de España da modalidade de banco fixo. Na localidade vasca de Legutiano, David Ponte Veloso, Julián Villanustre Otero, Anxo Martínez Fernández, Diego Suárez Alcalde e a patroa Ana María Ponte Veloso conseguiron o bronce en loita pechada co batel de Zierbana, resolta por 6 centésimas de segundo e tirando de «foto finish».