Goyo Jiménez desembarcará en Vilagarcía cun novo espectáculo sobre EE.UU.

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

O humorista durante un dos seus espectáculos, desta volta en Ourense.
O humorista durante un dos seus espectáculos, desta volta en Ourense. Antonio Cortés

Será o 27 de novembro e as entradas xa están á venda

30 abr 2026 . Actualizado a las 21:07 h.

Goyo Jiménez, un humorista especializado en falar dos EE.UU, regresa a Vilagarcía en novembro con America Forever: The final refrito, un novo espectáculo da serie «ianqui» do cómico albaceteño. O monologuista dedica este episodio a relatar co seu característico estilo os cambios que a sociedade estadounidense tren sufrido nos últimos tempos e que sorprenden máis alá das súas fronteiras.

A actuación terá lugar o 27 de novembro, a partir das 20:30 horas, no auditorio municipal de Vilagarcía, un recinto que coñece xa das súas anteriores visitas á capital arousá. As entradas xa están á venda en ataquilla.com aos prezos de 28 euros nas zonas A e B, e a 26 na C, en todos os casos hai que sumarlle os gastos de xestión.

Goyo Jiménez é un humorista, actor, presentador, guionista, produtor e director coñecido por colaborar en diferentes programas de televisión, pero sobre todo, grazas á súa faceta como cómico.