A «Espiral da cor» de Menchu Lamas, na Rivas Briones

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

Ata o vindeiro 24 de maio poderá visitarse na sala municipal de exposicións Antón Rivas Briones de Vilagarcía a mostra «Espiral de cor», composta por obras da artista viguesa Menchu Lamas. A pintora, que colgou obra en países de todo o mundo e compartiu cartel con creadores da talla de Miquel Barceló, expón en solitario por primeira vez en Vilagarcía, amosando unha colección que recolle cadros realizados xa no século XXI e que manteñen a esencia e o estilo característico que definen o seu universo artístico. Lamas estivo na inauguración, un acto presidido polo alcalde da cidade, Alberto Varela. foto mónica irago