A deportista do Judo Club Senín de Vilagarcía disputará a Copa de la Reina
18 feb 2026 . Actualizado a las 21:04 h.Ana Ferro, deportista do Judo Club Senín-Centro Deportivo Ikigai de Vilagarcía de Arousa, proclamouse o pasado domingo campioa galega sénior de loita na cita autonómica disputada en Vigo. O derradeiro sábado deste mes, día 28, Ana Ferro participará en Murcia na Copa de la Reina, formando parte do equipo convocado pola Federación Galega de Loita.