Catro podios do Piragüismo Illa na regata de caiac de mar de Vilagarcía
VILAGARCÍA DE AROUSA

O Kayak Vigo fíxose co triunfo por equipos na praia Compostela
30 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O calendario da Liga Galega de Caiac de Mar arrincou na tarde do domingo coa praia da Concha-Compostela de Vilagarcía de Arousa coma escenario. A cita, cun cento longo de padexeiros en acción, finalizou co Kayak Vigo coma gañador da clasificación por equipos, con 1.655 puntos, e co Piragüismo Illa de Arousa coma mellor club arousán, quinto con 827.
Neste posto tiveron moito que ver os catro triunfos de barcos individuais e dobres do equipo arousán. Falamos dos de Nuria Santiago, na proba do Muller Sénior SS1, do de Gabriel Suárez na de Home Master OC1, da de Juan Ramón Suárez e María Evangelina Vázquez na de Dúo Mixto Master K2 Sprinter, e da de Catuxa Suárez na de Muller Cadete SS1.
Éxito das infantís do Cesures
Tamén a pasada fin de semana, pero neste caso no encoro pontevedrés de Verducido, o Náutico Pontecesures encabezou a clasificación feminina da regata inaugural do calendario da Liga Galega Infantil, para caiacs e canoas individuais. O equipo do Baixo Ulla sumou 1.688 puntos.