Panorama, Roi Casal e Lóstrego actuarán nas Sonata de Verán de Vilanova este agosto
VILAGARCÍA DE AROUSA
Antonio Barros e Lis Pardo completan o cartel de concertos
05 ago 2024 . Actualizado a las 17:08 h.O concerto Milladoiro e a danza tradicional O Fiadeiro que se celebraron esta fin de semana en Vilanova de Arousa abriron o ciclo de concertos deste novo mes das Sonatas de Verán que se programaron para este ano no municipio arousán.
Para agosto, e coincidindo coa 30.ª Festa Gastronómica do Mexillón e o Berberecho, Panorama estará no Parque do Cabo ás 23 horas o próximo venres, 9 de agosto. No marco desta célebre festa, o sábado terá lugar o concerto de Antonio Barros e Lis Pardo na praza do Castro ás 22 horas. Finalmente, o domingo será a lectura do pregón, na mesma praza, ás 13.30 horas, pechando a gastronomía do mes de agosto co concerto e Roi Casal ás 21 horas no Xardín Umbrío.
Voltando ao marco de concertos das Sonatas, o domingo, 18 de agosto, o Mago Teto ofrecerá o seu espectáculo no Xardín Umbrío ás 21 horas, tratando de acadar un público de todas as idades. O sábado, 24 de agosto, ábrese paso ao momento deportivo, coa Festa da Bicicleta que se celebrará dende a Praza do Castro ás 21 horas. Como remate do verán músical, o domingo 25 de agosto e o 31 de agosto terán lugar dous concertos, o de Lóstregos ás 21 horas no Xardín Umbrío e o de Añoranza ás 21.30 horas no mesmo lugar, respectivamente.