O Churrabásket Mobu gaña a décima edición da Master Senior League

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Mónica Irago

Impúxose na final ao Conservas Estela do Mar Santos

09 jun 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A décima edición da Master Senior League, a liga de baloncesto veterano de Vilagarcía de Arousa e pioneira en Galicia, coñecía a última hora da mañá de onte o nome do seu campión. Tras unha intensa xornada matutina cos derradeiros partidos da competición e os cruces decisivos para decidir a orde na clasificación final, o Churrabasket Mobu impúxose ao Conservas Estela do Mar Santos na gran final.

No parqué do Pavillón Helena Mariño-Castelao, escenario alternativo á tradicional pista ao aire libre na Praza de Galicia por temor á choiva, o rei da MSL 2023/24 remontou o primeiro partido gañado polo seu rival, facéndose co triunfo nos dous seguintes no duelo ao mellor de tres. Teloreservo 6,25 rematou terceiro, El Flaco cuarto, Andaina Estrella Floja quinto, Alvamar Churrasco A Ría sexto, Policlínica Patricio Serqueira sétimo, Bar As Pistas Soher oitavo, Tintorería A Esmorga noveno, Angry Cats Duende décimo e Derby Rissotopos undécimo.

A nivel individual, José Pérez, do Policlínica Patricio Serqueira, foi elixido MVP da temporada, e os equipos Alvamar Churrasco A Ría e Teloreservo 6,25 recibiron o premio á deportividade.